Fondo Grelos de Galicia

Grelos de Galicia

ORIXE

Chega con espreitar as prazas de abastos locais, para caer na conta de que ningún produto da horta está tan arraigado na cultura gastronómica galega coma os grelos. Debido á súa adecuación a climas fríos e húmidos, adaptáronse á perfección ás características de Galicia, polo que, ao longo dos séculos, as referencias ao seu cultivo e consumo son numerosas. Do mesmo xeito, os seus beneficios e a súa excelente calidade conseguiron que o seu uso se popularizase e esténdese fóra das nosas fronteiras, aínda que continúe a ser o elemento diferenciador con respecto á cociña tradicional doutras rexións.

Hoja del Grelo

UN POUCO DE HISTORIA

Os indicios máis antigos do cultivo das brassicas na nosa terra —ou o que é o mesmo, berzas, coles, repolos e nabo—ia excelente calidade do noso produto popularizase e extendese f te animan a ser la mejor versiberzas, coles, repolos e nabo— datan do 3.000 a.C. Naqueles intres, o grelo aparece coma un elemento clave para a rotación de cultivos. Temos constancia da súa incorporación a este sistema xa no século XIII a través de diversos documentos forais e de compra-venda. Outras fontes posteriores, coma o Arquivo Xeral de Simancas —século XVI— ou o Catastro do Marqués de la Ensenada —século XVIII—, recollen tamén a súa importancia na rotación, xeralmente coa alternancia: cereal de verán - nabos - cereal de inverno.

Outro dato que reflexa o predominio dos grelos na nosa terra, atopámolo no Estudo sobre a situación actual dos cultivos e as súas rotacións en Galicia, publicado en 1983 na Revista de Estudos Galegos. Nel, o investigador Jaume LLoveras detallaba que en toda a Comunidade había nada menos que 55.600 hectáreas adicadas ao seu cultivo.

GASTRONOMÍA E SABEDORÍA POPULAR

Como hortaliza típica da nosa despensa, é un dos ingredientes básicos para a realización dalgúns dos pratos máis representativos da cociña galega, como o caldo, o pote galego, o cocido e o lacón con grelos. Por iso mesmo, tamén constitúe o elemento diferenciador da nosa cultura gastronómica con respecto á cociña tradicional doutras comunidades.

Ademais, os grelos son unha referencia continua na cultura popular, a través de cantigas, refráns, frases feitas e adiviñanzas. Así tamén, conta cunha festa de exaltación gastronómica propia, declarada de Interese Turístico. O concello de As Pontes —A Coruña— acolle dende 1981 a Festa do Grelo, que se celebra con carácter anual o Domingo de Entroido. Outras festas populares adicadas aos grelos son a Feira do Grelo de Val do Xestoso —A Coruña— ou a Festa do Grelo de Abadín —Lugo—.

Historia de los Grelos

ÁMBITO XEOGRÁFICO

A zona de produción dos grelos amparados baixo a indicación xeográfica protexida (IXP) Grelos de Galicia abarca todas as comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexan frescos, conxelados ou en conserva, o selo da IXP garante a orixe galega do produto. Ademais, certifica que os grelos foron cultivados, manipulados, transportados e, no seu caso, transformados na propia Comunidade Autónoma.

Mapa de Galicia

O PROCESO

Características do produto

CULTIVO E RECOLLIDA

O produto amparado baixo a indicación xeográfica protexida (IXP) Grelos de Galicia procede das prantas da especie denominada grelos.gr15, comunmente coñecida como nabo. Emporiso, a protección non só abarca aos grelos, que son os brotes tenros das follas do nabo que aparecen antes da súa floración, senón tamén as saborosas nabizas, que se corresponden coas primeiras follas que aparecen no ciclo de desenvolvemento da planta.

Os grelos da indicación xeográfica protexida proceden da semente dos ecotipos de Santiago e de Lugo, tanto as correspondentes ás variedades comerciais autorizadas “Grelos de Santiago” e “Globo Blanco de Lugo”, como as das súas respectivas variedades-poboación.

As prácticas de cultivo realizadas son as tradicionais de cada zona xeográfica de produción, o que permite un manexo adecuado do solo, a rega e o control de pragas e enfermidades. Se é necesaria a intervención química, emprégase a de menor impacto ambiental e toxicolóxico, para garantir así a calidade do produto.

A sementeira realízase a voleo —dispersando as sementes directamente sobre toda a superficie da terra— e adoita comezar a partir de mediados de agosto. As primeiras follas danse entre outubro e decembro: o que serían as denominadas nabizas. Cara o mes de xaneiro xa temos os primeiros grelos. A recollida faise de xeito manual e en horas frescas. Este labor require dun traballo moi coidadoso para previr danos nas follas. Se os grelos están destinados á transformación industrial, tamén poden ser recollidos de xeito mecánico.

O mesmo día da recollida, os grelos son trasladados ao almacén manipulador e á industria transformadora, se é o caso, sempre no ámbito de Galicia.

Cultivos de Grelos

DA HORTA Á MESA

Xa no noso prato, os grelos listos para o consumo teñen certas características inconfundibles: unha cor verde intensa, un sabor lixeiramente ácido, unha textura fibrosa e unha dureza moi baixa.

O seu alto valor nutricional e o seu baixo contido calórico converten aos grelos nun alimento moi beneficioso para a nosa saúde. Son ricos en calcio, fundamental para os ósos; vitamina C, que nos protexe das infeccións e ten propiedades antioxidantes; e ácido fólico, que preserva o noso sistema inmunolóxico. Ademais, conteñen glucosinolatos, un recoñecido composto anticanceríxeno.

Da horta á mesa

COMERCIALIZACIÓN

Presentación comercial

Os grelos amparados baixo o selo de indicación xeográfica protexida teñen tres presentacións comerciais: frescos, conxelados ou en conserva. Todos deben levar, ademais da etiqueta da marca propia, o selo de certificación co logotipo oficial, subministrado e expedido polo órgano de control.

FRESCOS

Atoparalos en manoxos tradicionais atados por medio de cintas vexetais ou doutros materiais autorizados e con pesos aproximados de 0,5 ou 1 kg.

Grelos frescos

EN CONSERVA

Son elaborados ao natural, sen outro aditivo que a auga de cocción e sal común. Acharalos en envases metálicos ou frascos de vidro.

Grelos en conserva
Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia